Desde este vindeiro martes 4 de Xullo e ata o 23 permanecerá aberta a exposición "FASQUÍAS" de embarcacións tradicionais a escala na Confraría de Pescadores de Cambados e que integra nos actos do centenario da mesma.
"Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala" é o título da exposición sobre embarcacións tradicionais galegas que a partir do 29 de xuño se poderá ver en Combarro e que percorrerá 6 concellos da provincia con motivo do Ano do Patrimonio. Esta mostra está composta por 18 maquetas de barcos, de diversos tamaños e que corresponden a diferentes tipoloxías, e 13 paneis explicativos.
Esta exposición vai acompañada por unha pequena publicación que leva por título Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación en colaboración con Culturmar e A Citania. Esta guía recolle unha vintena de embarcacións tradicionais tanto de río como de mar e que son as máis comúns nas exposicións e nos encontros deste tipo. Inclúe ademais un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición das carpinterías de ribeira.
Mañá martes ás 20:00 no salón da Confraría de Pescadores de Cambados, será inaugurada a exposición de maquetas de embarcacións tradicionais, Fasquías, dentro dos actos do "Centenario" nos que Concello e Deputación están a colaborar. A inauguración irá acompañada dunha actuación de Xurxo Souto co seu espectáculo "Océano para terrícolas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.