A ESCOLA DE ATLETISMO DO CLUBE ATLETISMO CAMBADOS-SEGUROS NOVAL COMEZA A DAR OS SEUS FROITOS.
Dous atletas da Escola de Atletismo logran clasificarse para o Campionato Galego infantil de pista ao aire libre.
Os atletas do Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval, Candela Castro Padin e Marco Sineiro Feijóo de 12 e 13 anos respectivamente, lograron clasificarse para o Campionato Galego de pista ao aire libre de categoria infantil que se celebra o vindeiro Domingo en Vigo e organizado pola Federación Galega de Atletismo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlksKvv6kCJ_sgPeLINj7l1pBRLkTLAmqjgkHi-0stUuVzhZlP5p6n21HSA2_0_kzGdWyRufRw9FF-zyoq6dt4JO5ujYAcz372ne2Ch3l7MSo5Ilz6dyKyIp0H_T_NAEQPLsNcx2XroRw/s400/Screenshot_43.png)
Por outra banda, a atleta Candela Castro Padin disputara a final de 500 m., na que partira coa novena mellor marca de todalas atletas participantes.
A Escola de Atletismo do Clube Atletismo Cambados-Seguros Noval comezou a sua andaina en Novembro do ano pasado coa intención de acercar o atletismo aos máis pequenos da vila e, visto os resultados, non pudo ter mellor remate de temporada que esta participación no Campionato Galego.
A tempada do Clube rematara a finais de este mes, pero a Directiva do Clube xa empezou a preparar a vindeira tempada, na que ten previsto participar en varias competicións de cross, atletismo en pista e carreiras populares.
A partir de agosto iniciaran unha campaña para captar atletas da categoria base, na que teñen previsto visitar os colexios do Concello para presentar o Clube e as actividades que realizan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.