Celebrouse onte en Cambados a V Gala do Fútbol Feminino Galego, organizada pola Revista do Fútbol Feminino Galego.
A pontevedresa Teresa Abelleira, recibeu ata tres galardóns, como mellor promesa galega da tempada, mellor mediacentro dereita do grupo I de Segunda División, e mellor xogadora galega da categoría, na que militou nas filas do Real Club Deportivo.
O seu papel determinante no Deportivo, club que ten como obxectivo ascender á máxima categoría, e o recente subcampionato de Europa Sub-17 con España, foron motivos de peso nesta elección.
O premio máis importante, o de mellor xogadora, foi para Vero Boquete tras quedar ás portas do título da Champions League co PSG, mentres Chicho Val (Atlántida Matamá) foi recoñecido como o mellor técnico galego e o Deportivo como o mellor equipo.
Ademais da gala celebrada no Auditorio Municipal de Cambados, a localidade pontevedresa acolleu tamén a estrea do 'partido das estrelas' do fútbol feminino, disputado no Campo de Burgáns.
No encontro en Burgáns, a selección norte adestrado por Diego Fernández (Friol), acompañado por Marcos Mato (Victoria) e Alberto Golán (Tordoia), impúxose dende a tanda de penaltis á selección sur que dirixiu Chicho Val (Atlántida Matamá), acompañado por David Ferreiro (Penedo da Moo), e Adri González (Sárdoma). No encontro que rematou 2-2 participaron as catro xogadoras galegas que militan no Sporting Braga, tamén Sarita Tui (Granadilla), Carolina (Oiartzun), Patri (Atlético de Madrid B) o María Vidal (Mercyhurst Lakers University), da NCAA estadounidense. Tamén houbo representación arousá, coa particpación da xogadora do Cambados Marjorie Allo.
-Mellor equipo: Deportivo Abanca
-Mellor lateral dereita: Cristina Martínez 'Cris'
-Mellor mediocentro: Tere Abelleira
-Mellor mediocentro esquerda: María Curral
-Mellor interior esquerda: Nuria Rábano
-Pichichi de Segunda División: Estefanía Pabst
-Mellor xogadora galega: Tere Abelleira
-Mellor xogadora promesa: Tere Abelleira
-Mellor gol da tempada: María Curral
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.