Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2017

B.N.G. PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO POR CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO










A deputada do BNG, Montse Prado rexistra diversas iniciativas instando á Xunta a establecer o marco de colaboración co concello para iniciar, sen dilación, as actividades acordes coa relevancia deste nomeamento  

A deputada do BNG, Montse Prado insta  á Xunta a establecer un marco de colaboración co concello de Cambados para realizar as actividades derivadas do nomeamento de “Cidade europea do viño 2017”,hai catro meses e dotalas de financiamento.

Para a parlamentaria do BNG a Xunta debe “mover ficha” e iniciar as xestións necesarias para dar contido ao nomeamento de Cambados como o lugar máis representativo do viño albariño durante o ano  2017, aproveitar a oportunidade “única” de dalo a coñecer internacionalmente   e acadar a proxección de Galiza a través dun produto de grande calidade e prestixio.

Montse Prado demanda da Xunta implicarse nas actividades e dotación económica na “Cidade Europea do Viño 2017” e no recoñecemento do viño albariño. A deputada lembra que Cambados competiu con cidades de grande tradición vitivinícola como Aranda de Duero, Villafranca do Penedés e La Palma del Condado, e que en  anteriores edicións as cidades elixidas foron as italianas Conegliano e Valdobbiadene, a portuguesa Reguengos de Monsaraz ou Jerez de la Frontera.


Estas son as preguntas que presentará o grupo do B.N.G. no Parlamento de Galicia.

-Cal é a razón de que, seis meses despois de ter sido nomeada Cambados como “Capital Europea do Viño 2017”, non teña a Xunta prevista ningunha axuda para contribuír con esta celebración, a pesares de ter sido demandada polo concello de Cambados?  

-Vai prestar a Xunta de Galiza algún apoio económico e institucional ao concello de Cambados para levar a cabo as actividades que se derivan deste nomeamento? 

-É a actuación normal da Xunta, non atender as demandas de colaboración dos concellos, diante de eventos desta relevancia? Ou só actúa así cos que están gobernados por organizacións diferentes ao Partido Popular? 

-Cales son os criterios da Xunta para colaborar con eventos desta categoría? 








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.