Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2017

CAMBADOS RECIBE 147.000€ PARA ARRANXAR AS RÚAS OURENSE E PONTEVEDRA













As achegas enmárcanse na liña 1 do Plan Concellos 2017 que leva xa concedidos case 8 millóns de euros nestes primeiros meses do ano
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe axudas por valor de preto de 900.000 euros para que oito concellos da provincia poidan levar a cabo proxectos ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". A Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que "a través desta liña, dedicada a investimentos, estamos a permitir que núcleos de poboación da nosa provincia poidan poñer en marcha proxectos e actuacións para dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e garantir, así, a calidade de vida das súas veciñas e veciños".
Carmela Silva puxo en valor esta aprobación, que ascende a 894.512,28 €, a través da cal Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cuntis, Nigrán, Oia, Redondela e Ribadumia poderán poñer en marcha proxectos como "humanizacións e acondicionamentos de rúas e camiños municipais, impulsar e optimizar a rede de saneamento, construír almacéns municipais ou  mellorar a subministración de electricidade". 
En concreto, Cambados recibirá 147.712,14 € para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, e Ribadumia 67.044,49 € para a legalización da subministración de electricidade.
As axudas aprobadas ata a data pola Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 do "Plan Concellos 2017" ascenden a un total de 7.796.592,68 €, isto supón un 30,28 % do destinado a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016) significa o 62,5 % do total do plan.
O "Plan Concellos 2017"  ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado xa máis de 26 millóns de euros dende xaneiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.