Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2017

FALECE UN CAMBADÉS EN VALLADOLID NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO










O suceso ocorreu sobre a unha da madrugada no quilómetro 156 da A-6, sentido Madrid.

Un cambadés de 46 anos con iniciais J.M.P.E faleceu e unha muller de 42, con iniciais M.C.A.O. de 42, resultou ferida ao envorcar esta madrugada un camión que transportaba froita na A-6, ao seu paso polo termo municipal de Medina del Campo (Valladolid).

Segundo informou o servizo rexional de emerxencias 112 a través da súa web, ás 00:58 recibiron o aviso de que un camión envorcara e que había persoas feridas, unha delas atrapada.

O 112 deu aviso á Policía Local de Medina del Campo, Garda Civil de Tráfico, bombeiros da deputación de Valladolid e a Emerxencias Sanitarias - Sacyl, que enviaron unha ambulancia de soporte vital básico e unha UVI móbil.

O persoal sanitario certificou a morte do home no lugar dos feitos e trasladou á muller ferida ao Hospital Comarcal de Medina del Campo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.