Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2017

AXUDAS PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE, E PARA MOZ@S









A OMIX de Cambados informa que está aberto o prazo  para solicitar axudas para realización de actividades de, e para,  mozos e mozas
Iniciativa Xove
É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Poderedes participar de dous xeitos:
-a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís -e entidades legalmente constituídas (inscritas no censo oficial da dirección xeral.)
O remate do prazo de presentación é o 26 de maio.
Podes informarte: Na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.gal





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.