Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de abril de 2017

A EVEGA CONSEGUE CLONS DE ALBARIÑO MELLORADOS XENÉTICAMENTE














A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, logrou tras un traballo de anos clons de albariño mellorados xeneticamente para ter maior potencial produtivo e uvas de máis calidade en canto á acidez e o grao alcohólico.
O seu centro asociado en Ribadumia (Pontevedra) comezou a traballar con este obxectivo ao detectar que unha porcentaxe destacada das plantas analizadas tiñan producións moi baixas e que en determinadas zonas do norte da provincia de Pontevedra era difícil alcanzar as maduracións desexadas. Así, no ano 1990 comeza un longo proceso de selección de 112 cepas de albariño que chegaría ata o ano 2000 analizando as súas características para quedar só coas mellores plantas. Así, escolléronse 34 clons de cepas, a maioría procedentes do Salnés, pero tamén do Rosal, Soutomaior e O Ulla. Todos os exemplares plantáronse na Evega para seguir traballando con eles.
Xa baixo as mesmas condicións agronómicas, fóronse seleccionado durante seis vendimas aqueles clons que presentaban mellores resultados, ben porque producían máis que a media ou porque o grao de alcohol que presentaban era superior cunha acidez inferior. E os resultados foron sorprendentes, xa que houbo grandes diferenzas entre plantas que recibían o mesmo tratamento. Finalmente os investigadores deste centro seleccionaron só 10 clons que cumpren o obxectivos iniciais: cepas de albariño con maior potencial produtivo, maior grao alcohólico e menos acidez.
Unha vez se dispón xa destes clons, o obxectivo último será a súa comercialización entre os viticultores para que poidan beneficiarse destes adiantos, pero para iso a Evega segue a traballar cos pés nais, antes de remitilo aos viveiros comercializadores. A día de hoxe estes datos atópanse inseridos dentro do programa de selección clonal da Evega.

20 aniversario de Ribadumia


A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, foi inaugurada en xullo de 1997, polo que este ano é o seu 20 aniversario. O centro desenvolve labores de asesoramento, orientación e ensaio especializados dirixidos a particulares e profesionais do sector. Os traballos de experimentación permiten a adopción das novas tecnoloxías e procedementos nas mellores condicións técnicas e económicas, como sucedeu con este estudio.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.