Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de marzo de 2017

ONTE PRESENTOUSE O SELO DE CALIDADE SICTED










A Deputación de Pontevedra impulsa o certificado de calidade SICTED entre o sector turístico de Cambados

O deputado de Turismo, Santos Héctor, destaca que xa son 22 empresas as que solicitaron a súa certificación en apenas un mes
A Deputación de Pontevedra está a impulsar ao longo deste ano un plan de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas da provincia para implantar o certificado de calidade SICTED. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou hoxe, nunha sesión informativa sobre o proxecto que se desenvolveu en Exposalnés en Cambados, que en apenas un mes xa son 22 empresas as que solicitaron a súa certificación.
Na presentación da certificación de calidade que tivo lugar en Exposalnés o deputado provincial estivo acompañado pola concelleira de Turismo de Cambados, Milagros Martínez, o presidente da asociación de comerciantes e empresarios da Zona Centro, Juan Rey; e Tania Abalde, técnica da consultora que desenvolve o proxecto SICTED na provincia. Segundo destacou Santos Héctor, tras os primeiros encontros co sector desenvolvidos en Vigo, Bueu e Pontevedra, foron 22 empresas as que solicitaron a súa certificación, "o que nos sitúa moi próximos ao cincuenta por cento dos obxectivos que nos marcamos ao comezo desta iniciativa para este ano".    
O deputado de Turismo recordou que neste momento existen 203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED e que a previsión é que este ano se superen as 250, tal e como se puxo xa de manifesto.
Tania Abalde, responsable da empresa consultora que vai implantar a certificación, insistiu en que a metodoloxía e os requisitos son esixidos pola Secretaría de Turismo do Goberno de España, que é quen finalmente outorga a distinción.
Para poder optar á certificación as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED: praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de cátering.
As empresas terán ata o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente, abrirase un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valore as propostas que finalmente obteñan a certificación.
Esta sesión de Cambados é a cuarta que desenvolven os técnicos cos empresarios do sector turístico para promover a adhesión das empresas á certificación SICTED. Agora resta desenvolver, en breve, outras dúas en Cangas e Vilagarcía de Arousa. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.