Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2017

O XOVES NOVO OBRADOIRO SMART-PEME DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS










Próximo obradoiro SmartPeme en Cambados o vindeiro xoves 16 as 19:00 horas no Punto SmartPeme Cambados  en Exposalnés

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web.
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta 
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.