Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2017

I PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO SALNÉS









Os concellos que integran o CIM mancomunado do Salnés (Cambados, Meis e Ribadumia) contan por vez primeira cun plan de igualdade, que posúe os seguintes obxectivos estratéxicos:

1. Eixo institucional

Impulsar a nivel institucional a igualdade real e efectiva, de xeito que os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia e as persoas que nel desenvolven a súa actividade profesional sexan un exemplo na aplicación do principio de transversalidade na planificación e execución dos servizos.

2. Participación cidadá

Fomentar a participación de mulleres e homes en igualdade nos diversos eidos da vida social, nomeadamente nos ámbitos públicos e de decisión.

3. Violencia de xénero en todas as súas manifestacións
Promover actuacións de sensibilización, formación, prevención, detección e intervención en materia de violencia de xénero que contribúan á súa erradicación e á implicación de toda a cidadanía na loita contra este fenómeno nas súas distintas manifestacións.

4. Benestar integral e calidade de vida
Favorecer o benestar integral das mulleres, entendendo este como o benestar físico e psíquico, e a cobertura das súas necesidades, redundando na mellora da súa calidade de vida

5. Igualdade no proceso educativo
Potenciar as actuacións encamiñadas a introducir o principio de igualdade dende as idades máis temperás e en todos os procesos educativos, tanto formais como non formais.

6. Emprego, conciliación e xestión dos tempos
Poñer en valor os traballos das mulleres ao tempo que se traballa en prol da corresponsabilidade da man dos varóns, sentando as bases para unha participación laboral en igualdade e garantindo os recursos precisos en materia de conciliación.

7. Atención á diversidade
Reforzar as actuacións dirixidas a mulleres pertencentes a colectivos en situación de especial vulnerabilidade, atendendo á súa diversidade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.