Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2017

XUVEN , GAÑAR E AGARDAR UN TROPEZO DO LÍDER












O Xuven Cidade Europea do Viño viaxou a Pamplona coa idea de seguir aumentando o seu número de victorias consecutivas e elevalo a 10, todo un récord.

O equipo navarro volve a casa, ao pavillón Universitario, e faio coa idea de prolongar o seu bo momento e dar un paso máis na loita por acceder ao "play-off". Quedanlle catro xornadas e a cousa está que arde nunha Liga que ten na igualdade o seu trazo máis distintivo.

Cambados Cidade Europea do Viño 2017 ocupa a segunda posición da LEB Prata despois de encadear nove vitorias consecutivas, algo ao alcance de moi poucos. No Universitario os galegos buscarán a décima para seguir o líder, Sammic Iraurgi. Agardando un pinchazo e permanecer líderes máis dunha noite como veb ocorrendo desde hai catro semanas.

O interior congoleño Charles Nkaloulou, o  británico Matthew Don e os tiradores Adriá Baiget e Brantley Osborne son só algúns dos moitos perigos do cadro de Cambados. segundo as declaracións do entrenador local.

Hoxe venres as 20:30 Kia Sakimovi Navarra – Cambados Cidade Europea retransmitido polo Canal FEB.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.