A Xunta de Galicia abreu un expediente sancionador ao Concello de Cambados por non repoñer o firme da estrada Cambados-Vilagarcía nun tramo de parroquia de Corbillón que se atopa en mal estado por un pequeno afundimento despois dunhas obras de canalización da auga tras unha avaría.
A proposta de sanción é de 5.000 €uros. Hai que lembrar que a estrada PO-549 é de titularidade autonómica e presenta
un estado lamentable. O goberno municipal leva tempo pedindo que se pavimente esta estrada no canto de "parchear" continuamente. As imaxes reflicten o estado de abandono no que se atopa e son solo dun pequeno tramo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.