Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de marzo de 2017

GALA HOMENAXE A MULLER TRABALLADORA MAÑÁN NA XUVENTUDE










O Concello de Cambados renderá homenaxe a cinco mulleres do municipio con motivo da celebración do Día dá Muller Traballadora. 

Carmen Castro Arousa, aos seus case 105 anos, recibirá a mención da Avoa de Cambados. 
Mercedes González Vázquez despois de moitos anos dedicándose a vestir ás mulleres cambadesas co seu negocio na rúa Infante.
Josefa (Pita a de Vilas) Núñez Bugallo, do bar Germán, será recoñecida aos seus 87 anos, polo seu traballo como modista ata que se dedicou de pleno á hostalería. 
Pilar Chantada, de 27 anos, foi proposta polos seus logros no mundo das ciencias. Licenciada en Químicas ten un máster en toxicoloxía forense e análise de drogas de abuso. Agora combina o seu emprego como química con outro de monitora de body-jump.
Por último, proposta pola confraría, a collareira Carmen Bravo Caneda.

As distincións entregaranse no transcurso dunha gala que se celebrará o mañán domingo 12 de marzo no auditorio da Xuventude, a partir das 6 da tarde. 
Neste mesmo acto, se estreará o Documental “Mulleres sen maquillar, sen filtros” sobre a vida da muller traballadora en Cambados e a súa evolución ao longo dos anos.

A gala poñerá o colofón a unha semana de actividades no que houbo cine, actividades para escolares e mulleres e música 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.