Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de marzo de 2017

DON JOSE ALDAO, ¿“SANTO” VOCACIONAL OU UN SIMPLE EMBAUCADOR?













Hai un personaxe do que fai tempo  que quería falar, tanto pola súa influenza na crenzas relixiosas de moitos cambadeses como polo seu carácter “camaleónico”  e que,  non é outro que o párroco Don José Aldao.
Non son o primeiro en achegarme á figura deste “santo” varón, pois, no seu dia, en concreto en agosto do 2015,  o gran (e sempre recordado)  Xaquín Charlín “Chon”  dedicoulle un artigo co galo dos seus cincuenta anos de pastoreo en Cambados baixo o titulo de “50 anos de sacerdocio en Cambados.  José Aldao cumpre en outubro medio século de luces e sombras na nosa vila”,  onde xa trazaba algunhas pinceladas desta persoa tan popular en Cambados.
Antes de comezar debo deixar ben claro que o que expoñerei a continuación é a miña opinión persoal e que non ten que coincidir, necesariamente, coa liña deste blog e  coa do seu administrador, quen amablemente (e aproveito para agradecerllo sinceramente) sempre me cede este espazo para expresarme,  porque si hai algo que diferenza aos blogs e páxinas da esquerda cambadesa  das  da dereita  é, sen dubida, que, no noso caso, hai diferentes puntos de vista,  liberdade de expresión e que non somos uns “borregos” cun discurso único.

Falar de Don José Aldao daría para escribir un libro,  porque o que mais ou o que menos, tratouno xa fora como fervente crente, alumno na súa etapa de mestre ou, simplemente, como veciño do pobo pero eu voume quedar cunha anécdota que define á perfección o carácter deste “pastor de almas” e para elo, permitídeme queridos amigos,   que antes   os fale  dun gran cambadés (polo menos para min) chamado Manuel.    
Manuel naceu nos anos 20  e,  como no caso de moitos galegos, pasou de ser  neno a home da noite á mañá, pois, con apenas dezaseis anos, tivo que participar, ao seu pesar, na Guerra Civil;  unha vez rematado o conflito casouse con Mercedes e tivo dúas preciosas fillas;  Manuel coñeceu tamén o drama da emigración, pois tivo que buscarse a vida e traballar en Venezuela e, posteriormente, coñeceu mundo enrolado nun barco mercante. De volta a Cambados, Manuel traballou no sempre duro e sacrificado traballo de mariñeiro hasta a súa xubilación; xubilación mais breve do que el  desexara  porque, apenas, uns anos despois, foille diagnosticado un cancro que acabou coa súa vida un dia de xullo de 1993; debo sinalar que Manuel era un home de esquerdas e non comulgaba (nunca mellor dito), moito coa relixión nin con os  curas pero a cuestión é que a súa muller e a súas fillas si eran crentes e, por tanto, optaron por facerlle un enterro cristián; o enterro celebrouse  na Igrexa de San Benito … e agora ven a cuestión que retrata á perfección a dobre moral de  Don José Aldao, pois resulta que, nun momento dado do funeral, diante da viúva, as fillas, os netos, e os bisnetos soltou o seguinte comentario: “Manuel no era mucho de crer pero al final creamos o no, todos acabamos aquí”; obviamente ninguén dixo nada por respecto ao defunto pero, podo asegurarvos que, polo menos, a  un dos netos, a quen coñezo moi ben por certo,  pasoulle pola cabeza a seguinte reflexión : “¡serás desgraciado, a ti que carallo che importa no que cría ou non  o meu avó,  nin morto lle podes ter un mínimo respecto!”. Por certo, no mesmo funeral, tamén produciuse  un detalle que lle chamou a atención aos que viñeron ao enterro doutros lugares como foi o feito de  pasar o cepillo pedindo cartos, algo que, posteriormente, me dixeron que en Cambados era habitual nos enterros e que, pola contra, en outros lugares non se acostuma a facer; quizais, alguén debería terlle recordado, a José Aldao, o pasaxe da biblia onde Jesucristo bota do templo aos mercadores por querer facer cartos dentro de lugar sagrado (por exemplo,  Evanxelio de Lucas cap.19, versículo 45, entre outros).

A anécdota anterior reflexa á perfección  unha das “sinais de identidade” de  Don José Aldao: a súa “extrema” memoria  para ter “fichados” a inmensa maioría dos cambadeses e  saber quen “comulga” coa súa ideoloxía e quen non; quen era de ir ás procesións ou, como no caso de Manuel, non podía ver aos curas.   Nun funeral podía, darse o caso, de que o morto, en vida, houbera  sido  un verdadeiro fillo de puta pero, coma fora da súa “corda”, Aldao dedicaríalle un emotivo discurso, destacando a calidade humana do finado pero, pola contra, si era como Manuel, unha boa persoa que non pisaba a igrexa, Aldao non tiña reparo en recordalo, incluso co corpo presente.  En ocasións, nin sequera facía  falta que o suxeito morrera para que  fixera unha  defensa acérrima  do mesmo:  todos sabedes xa  quen é o “Barcenas cambades”  e como, a pesar do  paso do tempo, non perdeu   as “maneiras” e, por tanto,  tivo a ben “meter man” no caixón de certa comisión de festas,  cousa que foi a “comidilla”  no pobo …. Pois ben, en dita festa, Don José Aldao nun paso da procesión,  soltouse cun breve sermón   no que dicía algo así como: “Hay que felicitar a la comisión de fiestas y perdonarles los errores que pudieran cometer, porque han trabajado duro”;  obviamente moitos dos que estaban alí sabían por “onde ían os tiros”; cabe sinalar que o “Barcenas cambadés” é un católico converso dende que, mais ou menos, o botaran da Caixa de Aforros e abrazara a doutrina do PP, feito que, polo visto a Don Jose Aldao bastoulle para darlle a súa bendición.    

A  Don José Aldao gústalle aparentar “empatía” e “campechanismo ” coa xente do pobo, aínda que,  no fondo, nada mais lonxe da realidade;  Aldao  mantén “poses” e “actitudes” propias do que foi durante anos hasta a chegada da democracia:  un cura de pobo nun ambiente rural, baixo unha ditadura que tiña na Igrexa Católica un dos seus maiores apoios e onde  á figura  do sacerdote tíñaselle un excesivo respecto i, en ocasións, hasta medo. A  Aldao gustáballe ese “poder” e pobre do que se saltara a súa palabra e que mellor que outra anécdota como exemplo:
Viaxamos no tempo hasta   un dia de finais  de  maio de 1979; nesa data estabamos citados na Igrexa Parroquial  os nenos que, o seguinte domingo, fariamos a nosa Primeira Comunión; o dia anterior, Don José Aldao, deixaranos ben claro que quen chegara mais tarde das cinco da tarde non entraría e non podería facer a Comunión, algo quizais excesivo …….. pois ben pasou o que tiña que pasar:  que un  neno chegou dez minutos tarde, e un  Don José Aldao, visiblemente irritado,  colleuno polo brazo e levouno hasta a porta da Igrexa, recriminándolle o retraso e  a pesar dos choros e  os intentos do neno por explicar os motivos da súa tardanza; Aldao “chimpouno” fora e pechou a porta; o neno, totalmente desolado, foi chorando para  casa; aproximadamente un cuarto de hora despois apareceu o neno coa súa nai e alí montouse a de “Dios es Cristo”; a nai despachouse a gusto con Don José Aldao e, ao final, pesaron mais os “ovarios” desta señora que os “santos collons” de Aldao e o neno quedou co resto do grupo e puido facer a súa  desexada  primeira Comunión….. ¿queredes saber, amigos, cal fora o motivo da tardanza do neno? á saída da igrexa explicounos o propio rapaz: resulta que a nai era mariscadora e aproveitando a marea deixara ao rapaz ao coidado do seu irmán, un bebe de apenas un ano; a cuestión é que, á nai, o tempo botóuselle enriba, non pudendo chegar antes i este rapaz, loxicamente, non podía deixar ao seu irmán só…… iso era o que o rapaz queríalle   explicar a un Aldao iracundo, cando o mesmo, o botou da igrexa parroquial.
Outro aspecto a destacar de Don José Aldao  e que ten moi claro a quen debe mais ou menos respecto, con quen se pode mostrar mais altivo ou con quen debe amosar mais humildade  aínda que, en ocasións, leve a situacións cando menos esperpénticas, e para elo de exemplo  outra anécdota:
Nunha ocasión chegou destinado ao Cuartel da Garda Civil de Cambados un rapaz con quen fixen amizade; a cuestión é que un dia, achégaseme, visiblemente, molesto i espétame de súpeto e sen anestesia: “oes Ricardo, unha pregunta  ¿o cura don José é parvo ou que?”   eu non saia do meu asombro e pregunteille a conto de que viña tal pregunta i el explicoume: “cando vou de uniforme, o cura saúdame efusivamente, cunha familiaridade, como se nos coñecésemos de toda a vida e cando vou de paisano fai que non  me coñece, acabo de atopalo e nin me saudou” ….. recordo que botei unha risa  que case me quedo sen respiración e tiven que explicarlle ao meu amigo que Aldao non lle saudaba a el senón ao uniforme de Garda Civil que levaba posto e  que  cando ia de paisano, Aldao, nin se molestaba en fixarse si lle tiña saudado ou  non, vamos, que o único que lle interesaba a Aldao era quedar ben coa Benemérita, como se acostuma a dicir, puro “postureo”.
Podería contar moitas mais cousas de Don José Aldao:  como tratou o tema do narcotráfico e o seu impacto na xuventude, sobre todo,  dos 80 e 90 pero non me quero cabrear; nunha excelente entrevista que lle fixeron na Voz con motivo do seu cincuenta aniversario en Cambados amosaba unha aparente preocupación por este tema pero, podería lembrarlle, a outros que tamén levaban pancartas contra a droga en manifestacións e, despois, en bautizos ou comunións ben que aceptaban os xenerosos donativos da xente que se dedicaba ao que se dedicaba,  Don José Aldao sabe moi ben por onde vou así que deixémolo aí.
Antes de finalizar quero deixar ben claro que non teño, absolutamente, nada en contra  de José Aldao,  eu non creo no que el predica e punto,  cada un e moi libre de dedicarse ao que lle veña en gana; diría mais aínda, téñolle hasta  envexa   porque teño que recoñecer que é un home cun magnetismo que de no ser cura, abriríalle moitas portas, por exemplo, seria un excelente político; do mesmo xeito se non fora sacerdote e, por tanto non se debera ao seu voto de castidade, non teño a menor dúbida de que seria un gran sedutor e que triunfaría entre as mulleres ….. ¡xa me gustaría a min co feo e mal feito que son, ter a metade de “percha”  e planta que ten o noso párroco.       
Despídome non si antes rogarlle  a Don José Aldao que rece pola miña alma, como acabo de comentar non son crente pero non vaia a resultar que isto de Deus e os santos sexa coma as meigas que non cremos nelas pero habelas hainas.                   
Foto do perfil de Ricardo Dominguez Rey     
  UN SAUDO A TODOS

 RICARDO DOMINGUEZ REY
IMAXES:A TI MEU CAMBADOS E FARO DE VIGO










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.