Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2017

AUMENTA O PARO NA COMARCA, EN GALICIA E A NIVEL ESTATAL











O número de parados no país subiu en xaneiro un 2,99%, fronte ao 1,5% no total do Estado.


O paro aumenta en Galicia en 6.164 persoas no mes de xaneiro, ata acadar as 212.078 persoas, que supón un aumento do 2,99 por cento de desempregados. Respecto ao pasado ao mesmo mes do pasado ano o número de desempregados en Galicia é de 24.369 persoas menos.

No estado español o número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego aumentou en xaneiro en 57.257, o segundo menor incremento no primeiro mes do ano desde 2004 (xa que o ano pasado subiu en 57.247), que deixou a cifra total de paradosen 3.760.231.

Polo que respeta a nosa comarca o paro tamén subeu neste caso en 162 persoas destacando os aumentos de Vilagarcía e Cambados en 94 e 62 parados máis e a baixada de O Grove con 69 menos inscritos no Servizo Público de Emprego.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.