Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
3 de noviembre de 2016
O PARO NON DA TREGUA NO SALNÉS
O paro volve castigar a Comarca do Salnés aumentando o paro en 820 persoas, o dobre que toda a provincia de Lugo, tanto como en Ourense, provincia, un tercio da de Pontevedra e máis que na provincia de A Coruña.
A destacar as subidas de Vilagarcía, Sanxenxo e O Grove, por cantidade e de Meis e Meaño por porcentaxe.
O desemprego creceu a España, Galicia e en Pontevedra no mes de outubro. Os datos non difieren moito do agardado, pero o panorama é pouco desexable na provincia pontevedresa, que foi a que experimentou un maior crecemento da comunidade o mes pasado, con 2.649 demandantes de emprego máis que un mes antes.
Malia todo e tendo en conta os derradeiros 12 meses. Agora mesmo hai 9.669 demandantes de emprego menos que en outubro de 2015 ou, o que que é o mesmo, un 10,77% menos persoas, na provincia pontevedresa.
En Galicia o total de parados achégase aos 199.000. Son 23.000 parados menos que hai un ano.
A nivel nacional hai 411.000 parados menos que hai un ano.
Todos os datos de Galicia

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.