Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de noviembre de 2016

ATOPAN A UNHA MULLER FERIDA NA SUA CASA









Esta mañán membros de Protección Civil e Policía Local de Cambados rescataron a unha muller de idade avanzada na súa vivenda da rúa San Francisco tralo aviso de familiares que levaban dous dias sen noticias da muller.
Os membros de Protección Civil tiveron que acceder por unha fiestra ao ter a muller a chave posta por dentro da porta de acceso.
A muller foi atopada no chan consciente e agotada, ao parecer cunha muñeca rota tras caer, segundo as primeiras hipótesis, producto dun infarto cerebral. 
Foi trasladada ao Hospital do Salnés para facer máis probas e evaluar o seu estado.

A muller de 79 anos vive soa tralo falecemento do seu home hai uns meses.

Desde o Concello de Cambados lembran que existe un programa de teleasistencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra. As persoas maiores ou con dificultades de movemento poden levar unha pulseira ou un colar conectado ao teléfono. Xestiónase a través do departamento de servizos sociais e para os usuarios é de balde.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.