Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de noviembre de 2016

ACCIDENTE MORTAL EN CAMBADOS


















Un motorista perdeu a vida logo de colidir co seu vehículo contra un turismo.
Sucedeu minutos antes das seis desta mañá na vía de alta capacidade en dirección a Vilagarcía, un pouco despois da rotonda de Vilariño, preto da saída de Corbillón.
Varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dunha colisión entre unha moto e un coche. Insistían en que o motorista estaba grave e, inmediatamente, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos servizos sanitarios de urxencia.
Aínda que o motorista estaba liberado, os xestores do 112 tamén comunicaron o suceso aos Bombeiros do Salnés e aos efectivos do servizo local de Protección Civil, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.
Ademais, o equipo de bombeiros de Ribadumia pediu reforzos á sede vilagarciana debido á delicada situación na que atoparon o corpo da vítima.
Pola súa banda, o condutor do turismo, aínda que moi nervioso, resultou ileso. 
A vía tivo que permanecer cortada case 3 horas como consecuencia do accidente. Ata o lugar tamén se trasladaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Garda Civil do posto de Cambados e da Policía Local do municipio.

O caso está rodeado de varias incógnitas e a Garda Civil tenta esclarecer o acontecido.
A vítima circulaba sen documentación nun ciclomotor que non era seu, o que complicou a identificación. Segundo contou o titular do vehículo, era unha moto vella que levaba anos arrombada no curruncho dun alpendre e, por suposto, sen seguro. Non se sabe como se fixo con ela.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.