Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de octubre de 2016

QUE FOI DA QUEDADA DE PALLASOS?









Garda Civil e Policía Local de Cambados atopábase onte en estado de alerta ante as noticias dunha suposta "quedada" na vila do albariño para a celebración dunha pelexa multitudinaria.

Segundo a prensa local,  un denunciante anónimo comunicou aos axentes da Policía Local de Cambados que escoitara a varios mozos, da localidade, algún menor de idade, falar dunha cita entre mozas de Cambados e Vilagarcía para pelexarse vestidos de pallasos.

A Garda Civil e a Policía Local de Cambados deseñaron un amplo operativo en diferentes puntos da vila do albariño. Este operativo inclúe patrullas conxuntas, e mesmo, a presenza de axentes de paisano para tratar de identificar a todas as persoas que vaian vestidos de pallasos diabólicos e evitar que se rexistren incidentes graves.

A moda dos pallasos diabólicos agresivos estendeuse desde EEUU e está a chegar a Europa con motivo do Día de Todos os Santos e Halloween.

Pois a noite pasou sen altercados destacables e o despregue tanto da Policía Local como da Garda Civil so se limitaron a identificar a mozos e mozas que paseaban polo pobo ou que facían o habitual botellón.

Como xurdeu o asunto da pelexa?

A costume de importar modas e a imaxinación dos rapaces ao que hai que engadir o temor dalgúns pais, fixo que o bulo correra como a pólvora por Cambados e que alguén dera a voz de alarma de algo do que non tiña máis que conversas e historias ficticias entre a xuventude local. Ben é certo que nalgúns lugares de España e Galicia houbo algún percance cos chamados "pallasos diabólicos" pero que non eran máis que simples bromas que nalgúns casos se lles fora das mans aos protagonistas.

Verdadeiramente é unha mágoa que se lle de tanta importancia a historias de crios que o único que fan é crear preocupación na sociedade e dar pulo a que acabe sendo real algo ficticio e sen fundamento.

De todas as maneiras e despois do despregue de onte cabe non baixar a garda pois lonxe de disuadir a posibles gamberros,  esta publicidade gratuíta pode facer que algún descerebrado queira que a ficción se convirta en realidade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.