Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de octubre de 2016

A XUNTA ABRE PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS LISTAS DE EMPREGO TEMPORAL









A Xunta de Galicia abrirá mañá o prazo de inscrición na bolsa de emprego temporal da Administración galega en dúas listas, a de camareiro-limpador, axudante de cociña e outras categorías (lista V-001) e a de xefe de cociña (lista III-014). Isto permitirá facer contratacións temporais na época do nadal para poder substituír os empregados públicos durante as súas vacacións.
O prazo de inscrición nas dúas listas estará aberto dende mañá luns ata o 8 de novembro, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública que se publicará no Diario Oficial de Galicia de mañá.
Para inscribirse nas listas é preciso cumprir os requisitos de titulación: para a lista de camareiro-limpador e axudante de cociña esíxese certificado de escolaridade e celga 2; e para a lista de xefe de cociña é requisito posuír a titulación de técnico superior de restauración e celga 4.
Todas as persoas interesadas en formar parte destas listas poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, e para iso deberán presentar a instancia conforme ao modelo que se incluirá na web da Xunta (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación. As persoas que xa están nestas listas non é preciso que se anoten de novo.
Os traballadores seleccionados farán o seu labor principalmente en residencias de maiores, centros de atención a persoas con discapacidade, escolas infantís e centros de menores, centros de educación infantil e primaria con servizo de comedor en réxime de xestión directa e centros de educación con internado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.