Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2016

"O TOLLEITO DE INISHMAAN" ESTE DOMINGO NA XUVENTUDE








Este domingo 16 de outubro a partires das 19:00 hrs no Auditorio Municipal "A Xuventude" a compañía de teatro Contraproducións S.L presentará a obra O Tolleito de Inishamaan.



Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles, un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.
Esta comedia negra na que as cousas non son o que parecen atraparanos no seu humor e tenrura.
Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, como o irlandés.
O moderno clásico universal de Martin McDonagh de grande éxito en todas as súas postas en escena no mundo, agora en versión e dirección de Cándido Pazó.
Intérpretes: Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro, Luis Iglesia
Escenografía e vestiario:Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Música: Guillerme Fernández
Tradución: Santi Romay e Alberto Rodríguez
Autor: Martin McDonagh
Dirección e adaptación: Cándido Pazó




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.