Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS REQUIRELLE AS EMPRESAS ADXUDICATARIAS DE OBRAS MUNICIPAIS A RETIRADA DOS CARTEIS DE PUBLICIDADE















O CONCELLO DE CAMBADOS REQUIRELLE AS EMPRESAS QUE FORON ADXUDICATARIAS DE OBRAS MUNICIPAIS QUE PROCEDAN A RETIRADA DOS CARTEIS DE PUBLICIDADE DAS MESMAS.
- O Concello de Cambados ven de comunicarlle as empresas adxudicatarias de obras municipais á necesidade de retirar dos carteis de anuncio de obra pública o terse observado que transcorrido o tempo de exposición continúan instalados . - Esta indicación vaise ter en conta nas vindeiras obras xa que cando se solicite a devolución do Aval por parte do contratista, váiselle solicitar que acredite a xustificación de terse retirado os carteis anunciadores das obras. Cambados, 13 de outubro de 2016. O goberno municipal do Concello de Cambados ven de remitir unha comunicación as distintas empresas adxudicatarias que realizaron obras públicas antes do 31 de Decembro de 2015, para que procedan antes de rematar o ano, a retirada dos carteis anunciadores das obras, devido a existencia de numerosos carteis en distintas obras xa rematadas fai anos, tendo en conta que estes carteis son propiedade das empresas contratistas que realizaron as obras e non municipais. En caso de non ser retirados antes de finalizar o ano, serán retirados polo propio concello e depositados nas instalacións municipais para poñelos a disposición dos adxudicatarios de futuras obras por si estiveran interesados en reciclar estes carteis dándolle un novo uso.
Hai que ter en conta que estes carteis poden ter un custe elevado para os licitadores, xa que dependendo das medidas que esixa a administración que financia as obras poden chegar a ter un custe estimado mesmo duns mil euros, como foi o caso dos carteis do Plan E, que tiñan que ter unhas medidas de 4 metros de largo por 3 de alto e tiñan que ser de aluminio ou aceiro galvanizado. Polo que dende o concello de Cambados entendemos que as propias empresas adxudicatarias das distintas obras públicas dos últimos anos os que deberían proceder a retirada dos mesmos, e en caso de non facelo, van ser retirados por operarios municipais para tentar a súa posterior reciclaxe, xa que existen caso de carteis en pleno casco histórico que levan varios anos sen ser retirados e que causan un gran impacto visual.
Carteis de distintas medidas As medidas poden variar dependendo da zona e do ente que financie as mesmas, así como xa se mencionou antes o caso do Plan E, esixía unhas medidas de 4x3 metros, pola contra o Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra do exercicio 2014, esixía un cartel máis pequeno, dun tamaño 3x2 m ou adaptado ó espazo de destino mantendo as proporcións, e de láminas de aceiro galvanizado, pola contra, no Plan de Concellos 2016, establce dous tipos de carteis, un para a rede viaria inerurbana de 3x2 m, e un máis pequeno e cun menor impacto visual para as redes viairais urbanas de 1,4x0,6 m.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.