Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de octubre de 2016

O CONCELLO DE CAMBADOS SACA A CONCURSO O SEGURO DA FLOTA DE VEHÍCULOS MUNICIPAL










O CONCELLO DE CAMBADOS SACA A CONCURSO A CONTRATACIÓN DO SEGURO DE COBERTURA DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL

O Concello de Cambados saca a concurso o prego para a contratación do seguro de cobertura de responsabilidade civil e patrimonial, e fai públicos os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, modelos de documentación administrativa e modelo de oferta que se atopan na páxina web e o Portal de transparencia do Concello de Cambados.
As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 19 de Outubro de 2016 (mércores) inclusive, en horarios de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres e ós sábados de 9 a 13 horas. A forma de adxudicación do contrato de seguro de cobertura de responsabilidade civil e patrimonial será o procedemento negociado sen publicidade, polo que non seria preciso dar publicidade ao procedemento para asegurar a concorrencia; é dicir, so é obrigatorio solicitar ofertas, polo menos, a tres empresarios capacitados para a realización do obxecto do contrato, pero co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este concello conta co perfil do contratante, onde se fan públicos os pregos da contratación para que a concorrencia sexa libre entre os licitadores interesados en presentar ofertas, e ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan tanto no Portal de Transparencia como na web municipal.
Este seguro debe garantir as consecuencias económicas derivadas da responsabilidade civil e patrimonial conforme ó ordenamento xurídico vixente que podan corresponder directa, subsidiaria ou solidariamente ó asegurado polos danos corporais, materiais e prexuízos a consecuencia de eles, ocasionados involuntariamente a terceiros como persoa xurídica de dereito público, polos feitos que teñan relación directa e deriven do risco do exercicio das súas competencias na administración do municipio e das instalacións e propiedades do Concello de Cambados.

O asegurador deberá baixo esta póliza, indemnizar ó terceiro prexudicado por todas as sumas que veña obrigado a pagar en razón de tal responsabilidade. Queda, igualmente, garantida a responsabilidade patrimonial esixible á Administración, conforme ó establecido na Lei 30/92, de 26 de novembro, é dicir, a atribuída polo ordenamento xurídico da Administración, por aqueles danos producidos ó particular como consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos prestados, ca exclusión dos supostos de forza maior. Así mesmo garantiranse os gastos e honorarios para a prestación da defensa e das fianzas xudiciais que puideran dar lugar.
O importe do presente contrato ascende á contía de 13.000 €. Ó tratarse de seguros non esta gravado polo imposto sobre o valor engadido, os criterios de adxudicación do contrato de seguro de Responsabilidade Civil son catro: redución da prima establecida, redución da franquicia da Responsabilidade Civil, aumento do límite da indemnización por sinistro e aumento do sublímite por vítima en RC patrimonial. A duración do contrato de seguro será de 1 ano, con efectos dende o 3 de novembro de 2016 ata ó 2 de novembro de 2017, podendo ser prorrogado por 1 ano máis.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.