Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2016

NOVOS CURSOS "SMARTPEME" NA PROVINCIA, 6 EN CAMBADOS













"SmartPeme" é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O novo proxecto SmartPeme é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.

Para isto, nas oficinas de SmartPeme no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo se están a pór en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

O Centro ExpoSalnés de Cambados, o mércores 2 de novembro, "Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO"
O martes 8, "Comercializa os teus servizos a través das redes sociais"
O luns 14 de novembro, "Fotografía de produto: especial sector téxtil"
O mércores desa mesma semana, o 16, "Profundizamento nas ferramentas: Google Apps avanzado"
O luns 21, "Fotografía e vídeo para establecementos de turismo" e, 
por último, "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa" o mércores 29. 

A oficina SmartPeme de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada.

Todas as actividades terán lugar en horario de 19:00 horas e o teléfono de inscrición é o seguinte: 886 20 20 20


Máis info: Deputación de Pontevedra






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.