Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de octubre de 2016

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE PLÁCIDO CASTRO, "VERBAS ATLÁNTICAS"












Este vindeiro xoves dia 3 no Salón de Actos de ExpoSalnés  terá lugar a presentación do libro "Verbas Atlánticas" de Laura Linares sobre a vida e obra de Pácido Castro. Será a partires das 20:00 horas.


Na primeira parte desta edición compílanse as traducións de poesía británica, escocesa e irlandesa realizadas por Plácido Castro ao longo da súa vida. Algúns destes poemas publicáranse con anterioridade noutras compilacións, coma o libro Poesía inglesa e francesa vertida ao galego da editorial Alborada (1949), en publicacións periódicas como a revista Grial ou mesmo como parte de artigos xornalísticos no Faro de VigoEl Pueblo Gallego e outros. Nestes casos, o lugar ou lugares de publicación están indicados nunha nota a pé de páxina. Porén, na gran maioría dos casos, os poemas que se presentan nesta edición están tirados directamente das versións orixinais mecanografadas de Plácido Castro: en moitos casos por estar inéditas, noutros por considerar que as versións orixinais merecen estar dispoñibles para os lectores. Nos casos en que non haxa tradución mecanografada, priorízase a versión de máis autoridade –especialmente no caso daqueles poemas publicados no libro Poesía inglesa e francesa vertida ó galego, dos que se extrae a versión orixinal publicada pola editorial Alborada en 1949– ou a primeira versión da que se ten constancia.
Debido á imposibilidade de definir a data de tradución de moitos dos poemas, ordenáronse estes por orde alfabética do autor, salvo os tres primeiros, clasificados baixo o epígrafe de “Gaélico antigo”, que non teñen autor coñecido. É importante aclarar que, malia que varios dos poemas están escritos en gaélico orixinalmente, neste caso optouse por incluír só a versión inglesa, pois é desta en tódolos casos da que se vale Plácido Castro para crear a súa tradución ao galego.
Na segunda parte, reprodúcese o texto das Rubáiyát seguindo o que foi publicado en Grial no ano 1965, coa diferenza de que neste caso presentamos a versión galega xunto á inglesa de FitzGerald. Ao contrario que no caso dos demais poetas, para os que se engadiu unha brevísima nota biográfica sen pretensións de exhaustividade, neste caso optouse por conservar a introdución e notas do propio Plácido Castro.
Malia que é obvio que as Rubáiyát orixinais non son ‘verbas atlánticas’ propiamente ditas, decidimos incluílas como tal no libro debido á importancia que a versión de Edward FitzGerald tivo para achegar a obra aos lectores occidentais e á fidelidade de Castro á versión inglesa. Consideramos, ademais, que só coa inclusión do que foi o seu traballo máis destacado podemos realmente ofrecer unha mostra exhaustiva e completa da contribución de Plácido Castro á tradución de poesía ao galego.
En relación coa lingua, o criterio xeral desta edición foi o de fidelidade, pois o galego que Plácido Castro utiliza nas súas traducións é, na maior parte dos casos, unha escolla consciente que demostra un estilo definido e un compromiso de promoción e dignificación da lingua galega en tódolos seus aspectos, incluídas as súas formas máis orais. Porén, foi necesario tomar algunhas decisións, fundamentalmente ortográficas, para facilitar a lectura dos poemas e evitar crear confusión no lector sen por iso eliminar os trazos característicos de Castro. Estas foron as directrices xerais que se seguiron:
Eliminación dos apóstrofos comúns na época, como d’un, d’iste, etc, así como os guións, xa estivesen estes acompañando unha preposición (n-a), un pronome enclítico (víste-se) ou un substantivo (i-Alma).
Adaptación da escrita ás normas de acentuación actuais, partindo especialmente da enorme cantidade de inconsistencias que aparecen nos orixinais (fundamentalmente aqueles que se extraíron de orixinais mecanografados e non de publicacións).
Adaptación da normativa actual respecto do b/v, seguindo tamén o criterio de que a falta de consistencia indica que se trata de dúbidas particulares e non dunha escolla estilística consciente ou dunha influencia da lingua oral ou da situación diglósica do galego. Así, elimináronse as inconsistencias presentes en varios poemas (e mesmo en diferentes edicións
do mesmo poema) coma volvoreta/bolboreta ou veira/beira.
No resto dos casos, mantivéronse as formas non normativas por considerar que supoñen un documento valioso sobre o galego da época e o estilo característico de Castro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.