Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de octubre de 2016

MÁIS OBRADOIROS DO PROGRAMA "CONECTADAS 2016" EN CAMBADOS












O programa de Igualdade "Conectadas 2016" desenvolve esta semana 61 novos obradoiros repartidos entre 24 concellos da provincia. "Conectadas 2016" ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa incorporación de maneira transversal dos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar. Ademais, tamén pretende contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a brecha dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.
Os 24 concellos nos que comezan estes novos 61 obradoiros ao abeiro de "Conectadas 2016" son os seguintes: en Cambados (pastelería e repostería creativa e tapas, petiscos e canapés), Cangas (risoterapia e traballos en tea, coiro, madeira e outros), A Cañiza (traballos en tea, coiro, madeira e outros), Covelo (musicoterapia), A Estrada (traballos en tea, coiro, madeira e outros, arte floral e ornamentación), Gondomar (traballos en tea, coiro, madeira e outros), A Guarda (risoterapia, coidados e dependencia), A Lama (relaxación e manexo do estrés), Lalín (zumba, pintura, animación á lectura e dous obradoiros de traballos en tea, coiro, madeira e outros), Marín (ximnasia de mantemento, tapas, petiscos e canapés e traballos en tea, coiro, madeira e outros), Meis (animación á lectura), Moaña (alfabetización dixital), Mos (alfabetización dixital, traballos en tea, coiro, madeira e outros e zumba), Nigrán (traballos en tea, coiro, madeira e outros), Pontevedra (arte floral e ornamentación), O Porriño (pintura), Redondela (alfabetización dixital), O Rosal (ioga), Salceda de Caselas (costura creativa), Soutomaior (arte floral e ornamentación, ximnasia de mantemento e menú diario), Vila de Cruces (traballos en tea, coiro, madeira e outros), Vilagarcía de Arousa (tapas, petiscos e canapés, costura creativa, percusión e canto tradicional, alfabetización dixital e dous obradoiros de pilates), Vilanova de Arousa (arte floral e ornamentación e ioga) e Vigo (pastelería e repostería creativa, alfabetización dixital, percusión, mindfulness, menú diario, tapas, petiscos e canapés, dous obradoiros de risoterapia, dous obradoiros de pintura, ximnasia de mantemento, tres obradoiros de arte floral e ornamentación e cinco obradoiros de traballos en tea, coiro, madeira e outros).
Estes obradoiros do programa elaborado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra recollen temáticas moi diversas, que van dende as actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), pasando pola artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación (conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudables; tapas, petiscos e canapés), así como alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros.
As actividades estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Cada un dos cursos ten unha duración de 35 horas e precisa un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta.
"Conectadas 2016" é unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta área, que se creou por primeira vez esta lexislatura, ten como finalidade funcionar non como un departamento independente, senón integrado nas distintas áreas da institución provincial para implantar criterios de Igualdade entre mulleres e homes en todas as iniciativas que se desenvolven dende a institución provincial.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.