Dia axetreado para os membros de Protección Civil de Cambados.
Un accidente na rotonda do Pombal requireu a presenza de efectivos de Emerxencias Cambados.Un choque entre unha moto e un coche. Neste suceso resultou ferido un home de 60 anos que foi trasladado ao Hospital do Salnés.O segundo producíase pouco despois da 1 e media da tarde nos Catro Camiños.
Unha colisión múltiple entre dous turismos e unha furgoneta deixa duas persoas feridas en Cambados
Unha persoa ferida tivo que ser axudada a saír do vehículo. Os efectivos de emerxencias cortaron unha das portas do coche para poder evacuar á vítima. Foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital do Salnés.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 13:40 horas de hoxe para alertar do accidente. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 estableceuse comunicación con Urxencias Médicas e cos Bombeiros do Salnés. Tamén se alertou a Protección Civil e á Policía Local. Como consecuencia da colisión, un dos carrís da vía permaneceu cortado ata que se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da calzada.Pola tarde os membros de Protección Civil destruíron un niño de avispa velutina na zona dos Caeiros. O niño atopábase nuha árbore a uns 12 metros de altura.
E pouco despois un conato de incendio nun contedor de lixo na avenida de Vilariño, que foi extinguido rápidamente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.