Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de octubre de 2016

PREOCUPACIÓN EN VILARIÑO POLO ALMACEAMENTO DE CUNCHA DE MEXILLÓN NUNHA FINCA
















Veciños de Cambados e de Ribadumia levan días aturando o fedor ocasionado pola vertedura de cuncha de mexillón nunha leira situada en Covas de Lobos.

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil ten en marcha un investigación ante a gran cantidade de cuncha depositada na parcela por se se tratase dun depósito ilegal xa que a cantidade é moi elevada, calculan que unhas 50 toneladas.

O fedor que sae desta leira situada no termo municipal de Ribadumia é difícil de soportar.
Hai días descargaron varios camións de cuncha de mexillón, un produto permitido como fertilizante para as leiras. Con todo, a cantidade depositada nesta parcela, cífrana ata en 50 toneladas, lonxe de beneficiar o terreo supón un prexuízo para a súa produtividade.
Aínda que ninguén quixo expresalo publicamente, os veciños din que o mal cheiro que ocasiona é nauseabundo e que, dependendo do vento; pode chegar ata varios quilómetros de aquí.


Segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente de Ridadumia, gardas civís do Seprona estiveron onte recollendo a información pertinente para elaborar un informe. O obxecto é determinar se estamos ante un depósito ilegal do produto nun terreo inadecuado para acumular tanta cuncha de mexillón.
A partir dese informe, o Goberno Municipal avaliará se adopta algunha medida ante unha vertedura que fede tanto que ata perturba o sono de algún residente da zona.




TVG







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.