Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de octubre de 2016

CAMBIO NOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN









Fronte á libre disposición dos fondos públicos e ás subvencións nominativas do goberno de Louzán, a nova Deputación da un paso máis na transparencia da xestión ó aprobar unha ordenanza xeral para todas as súas subvencións

O novo goberno da Deputación de Pontevedra aprobará no pleno unha ordenanza xeral para todas as subvencións que se impulsen desde o organismo provincial. Por primeira vez a institución contará cunha ordenanza xeral para as subvencións, o que manifesta a aposta do novo equipo de goberno pola transparencia, obxectividade e criterios claros e ben definidos fronte á libre disposición e subvencións nominativas, discrecionais, subxectivas, clientelares, a dedo e discriminatorias do goberno de Louzán.
A ordenanza xeral será o marco público de xestión das subvencións da Deputación de Pontevedra e nela regulamentaranse as convocatorias e as obrigas detalladas de cada parte, beneficiando, desta maneira, tanto ás receptoras e receptores como ás xestoras e xestores. A partir de agora, todas as e os solicitantes terán a información de antemán con claridade, reforzaranse as garantías xurídicas de concesión e recepción xa que se regularán todos os aspectos da relación xurídica subvencional, completarase o marco lexislativo de aplicación para evitar interpretacións subxectivas, garantiranse os prazos de pago ós acredores das beneficiarias e beneficiarios e as deducións de parte das subvencións por incumprimento de obrigas, esixiranse formas de contratación máis transparentes e avanzarase en aspectos como as subvencións en especie.
A Deputación de Pontevedra xestiona anualmente máis de 117 millóns de euros destinados a subvencións e actividades de fomento. Dada a contía e o volume de subvencións era necesario contar cunha ordenanza xeral de subvencións como a que se aproba mañá, que manifesta o compromiso do novo goberno da institución coa transparencia, eficacia e eficiencia da xestión dos recursos públicos da Deputación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.