Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de octubre de 2016

ARRANCAN AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN












O novo modelo de funcionamento do programa, no que se impulsaron accións de comunicación para o fomento da participación e visualización, tradúcese en 100 nenas e nenos máis nas escolas de fútbol e tres novos concellos que as solicitaron

A deputada de deportes, Chelo Besada, deu por inaugurada o pasado sábado no campo de fútbol de Chaín en Gondomar, as "DEPOrte Escolas" de fútbol da Deputación nas que van a participar máis de 1.800 nenas e nenos de 28 concellos da provincia con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos.
Este ano, como novidade principal e ademais do cambio de imaxe e denominación das escolas deportivas para convertelas nas "DEPOrte escolas", mudou o funcionamento das mesmas co obxectivo de dotalas de transparencia e maior participación, respectando a autonomía municipal, sen competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia. O renovado programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incremento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen ós concellos disciplinas deportivas non existentes, que as nenas e nenos poidan acceder ó deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos.
Este esforzo por converter ás escolas nun programa máis transparente e participativo, impulsando actuacións de comunicación coa finalidade de achegar a información sobre as escolas ás familias, ANPAS e concellos,xa está a dar os seus froitos. De feito, nas "DEPOrte escolas" de fútbol participan este ano 100 nenas e nenos máis que o ano pasado, acadando os 1800 participantes fronte ós 1700. Tamén cómpre destacar que houbo solicitudes de tres concellos máis para poñer en marcha novas escolas de fútbol, sumando un total de 44 "DEPOrte escolas" de fútbol para o curso 2016/2017 nos concellos de Ponteareas, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Nigrán, Valga, Oia, O Rosal, Tui, O Porriño, Mos, As Neves, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Campo Lameiro, Vigo, Fornelos de Montes, Cangas do Morrazo, Moraña, Agolada, Rodeiro, Arbo, Crecente, Cambados, A Lama, Vilagarcía de Arousa e Redondela.
As "DEPOrte escolas" da Deputación de Pontevedra ofertan as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto. A súa implantación terá lugar de forma progresiva, a medida que a institución provincial teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades. De feito, ademais de fútbol comezaron xa as de patinaxe, judo e rugby.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.