Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de septiembre de 2016

35.000 QUILOS DE RESIDUOS RETIRADOS DO MAR EN SEIS PORTOS DE PONTEVEDRA









A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, rematou hoxe no porto de Tragove, en Cambados, a limpeza dos fondos mariños das dársenas de seis portos da provincia de Pontevedra. Alí estivo este mediodía o presidente de Portos de Galicia en funcións, José Juan Durán. O resto dos portos nos que se realizou este labor son Bueu, Portonovo, Sanxenxo, O Xufre e A Guarda e en total dos seus fondos mariños foron retirados uns 35.000 quilos de residuos.
Esta actuación, a través da que en Tragove se recolleron 9.000 quilos de residuos, enmárcase na terceira fase do Plan de limpeza de dársenas que o ente público puxo en marcha no ano 2013 por primeira vez e que inclúe diversas accións nas tres provincias costeiras.
Nas fases anteriores do plan na provincia de Pontevedra foron recollidos preto de 10.000 quilos de residuos nos portos de Carril, Vilanova, O Grove, Arcade e Combarro. Este labor foi levado a cabo por un equipo de mergulladores especializados neste tipo de tarefas. Ademais para a extracción e transporte dos residuos utilizouse un camión grúa e para o transporte dos medios materiais e do equipo humano unha lancha.
A limpeza das dársenas implica a recollida selectiva de residuos do fondo mariño dentro das augas interiores do porto e súmase á limpeza en terra. A Consellería do Mar promóvea con carácter regular para mellorar a seguridade nas augas interiores e impulsar a protección da fauna mariña. Deste xeito refórzase a sustentabilidade ambiental dos peiraos de titularidade autonómica.
Entre os residuos que se acumulan nos fondos mariños, atópanse diversos obxectos de medianas e grandes dimensións, como restos de embarcacións, rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos e elementos de tipo doméstico. Ademais, nas limpezas anteriores retiráronse restos da propia actividade portuaria que accidentalmente acaban no fondo do mar, como caixas de peixe ou cabos desprendidos de embarcacións atracadas no peirao.
Un Tragove incluso apareceu unha moto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.