Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2016

COOPERATIVAS CAMBADESAS RECIBEN AXUDAS DA DEPUTACIÓN












Un total de 15 cooperativas da provincia recibirán case 200.000 €, que se destinarán sobre todo a melloras e modernización de instalacións.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as axudas ás cooperativas agrogandeiras da provincia, por un valor total de 199.994,55 €, unha cifra case exacta ao orzamento aprobado para este fin, que era de 200.000 €. Un total de 15 cooperativas agrogandeiras de 8 concellos beneficiaranse destas contías, que buscan apoiar ao sector primario da provincia, ao igual que se fixo na Xunta de Goberno da semana pasada cando se concederon as axudas para confrarías e asociacións de mariscadores e mariscadoras.

Das 15 axudas concedidas, as actuacións para melloras e modernización de instalacións foron as máis demandadas, xunto con medidas para a posta en uso de enerxías renovables, innovacións tecnolóxicas e valorización de produtos. 

A listaxe de entidades beneficiarias é a seguinte: en Arbo, Bodegas Eidosela; en Cambados, Horsal e Horticultores do Umia; na Estrada, Gandeiros Estradenses; en Forcarei, Cooperativa Agrícola de Forcarei; en Lalín, Aprodeza, Campodeza, Cobideza, Cooperativa Gandeira de Botos, Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, Valle del Deza Sociedade Cooperativa Agraria, Xuncoga Sociedade Cooperativa; en Meaño, Cooperativa Vitivinícola Arousana; en Rodeiro, Cooperativa del Campo o Rodo; e no Rosal, Porta Río Miño.

Estas axudas puideron ser solicitadas por calquera cooperativa agrogandeira, legalmente constituída, que desenvolva as súas actividades no ámbito territorial da provincia e que teña coma fin a prestación de servizos aos seus asociados e asociadas. As liñas de investimento incluídas eran para comercialización e valorización de produtos, formación e innovación tecnolóxica, enerxías renovables, actuacións de mellora na calidade dos produtos, mobiliario e construción, equipamentos, instalación e reparación de edificios e accesos.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.