Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de agosto de 2016

A BIBLIOTECA VIAXEIRA: EXCURSIÓN PARA O AVISTAMENTO DE AVES











O vindeiro luns 22 de agosto un grupo de 20 nenos inscritos nas actividades de verán da biblioteca municipal Luís Rei realizarán unha andaina pola desembocadura do río Umia, pola marxe pertencente á parroquia de Castrelo. Esta zona forma parte da prolongación do Complexo Intermareal Umia-O Grove, que foi declarado Refuxio de Fauna, Zona de Especial Protección para as Aves (CEE), Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR) e Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.
Os rapaces irán acompañados de persoal da biblioteca e membros do Grupo Local SEO (Sociedade Española de Ornitoloxía) de Pontevedra con material prismático de observación especializado. Partirán ás 10.00 horas da ponte de Castrelo e durante 2 horas visitarán dous ecosistemas ben diferenciados: por unha banda a zona intermareal, onde poderán descubrir diferentes exemplares de aves acuáticas migratorias e por otra banda a zona de monte próxima con aves forestais máis sedentarias.
Dende a biblioteca municipal pretenden con esta iniciativa estender as súas actividades máis alá da Casa dos Fraga, incorporando visitas que inculquen a cultura ecolóxica e o respeto polo medio, a través do coñecemento do contorno máis próximo. Dita proposta realizase de balde para os rapaces grazas á Concellería de Cultura e á axuda económica recibida en abril tras obter o primeiro premio Biblioteca Pública e Compromiso Social 2016 polo proxecto “Canto conta Cambados!”





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.