Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2016

A XUNTA INVISTE 30.000 € PARA GAÑAR EFICENCIA ENERXÉTICA NOS XULGADOS DE CAMBADOS










A Xunta de Galicia comezará nas próximas semanas as obras de mellora que permitirán adecuar a terceira planta do edificio xudicial de Cambados de cara a gañar en eficiencia enerxética.
En concreto, destinaranse case 30.000 euros para a substitución de vidros e carpinterías en todo o edificio e intalarase climatización na terceira planta e instalarán vinilos neste lugar do xulgado.
Segundo informou a Xunta, Ramón Pereiro visitou os xulgados de Cambados para coñecer tecnicamente a situación actual do edificio acompañado pola xefa do Servizo de Xustiza, Marta Mariño, e polo xefe do Servizo de Obras e Infraestruturas Administrativas, José Manuel Rodríguez Ruibal. 
Pereiro explicou que están a traballar para buscar solución a un dos problemas máis habituais, a situación climatolóxica do edificio. O obxectivo é mellorar a calidade de habitabilidade deste edificio para funcionarios e usuarios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.