Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de julio de 2016

SERÁN MUSICAL E DEPORTIVO EN TORRADO DA BASE DO CAMBADOS










SERÁN CLUB JUVENTUD CAMBADOS
SÁBADO 9 XULLO - PAZO TORRADO

Esta fin de semana, o Club Juventud Cambados organiza o seu tradicional serán de final de tempada.
O formato será idéntico ao dos últimos anos. Durante a xornada de mañán, os rapaces do fútbol base disputarán un torneo 3x3. Pola tarde será o turno do torneo 3x3 categoría senior. Así, todos aqueles que queirades inscribir un equipo podedes facelo no teléfono 686338787.
Ademáis, contaremos cunha zona gastronómica, onde poderás degustar, entre outras cousas, de churrasco, mexilóns, empanadas etc...
Xa pola noite, diversas actuacións musicais amenizarán o fin de festa.
A Agrupación Tradicional Xironsa, xunto con Noite Fechada e DJ Pomboloko porán a nota musical para o final de festa do noso serán que terá lugar este sábado no Pazo Torrado. Actuarán unha vez finalizado o Torneo 3x3, as 20.30, 22.00 e 23.30 horas respectivamente.
Estades todos convidados a vir ata ao Pazo Torrado a disfrutar do noso serán deportivo, gastronómico e musical.
¡Non o dubides e achégate este sábado ata o Pazo Torrado!

Contamos contigo para celebrar o fin de tempada do Club Juventud Cambados.
¡¡Anímate a pasar unha gran xornada con nós no Pazo Torrado!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.