O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou este mércores o IES Francisco Asorey de Cambados, onde anunciou a ampliación do centro por un investimento total superior ao millón de euros.
Segundo explicou Rodríguez, a primeira fase das obras licitarase ao longo deste mes e contará cun orzamento próximo aos 251.000 euros.
A actuación no centro permitirá a implantación da FP Básica, así como a adaptación dos ciclos informativos que alí se imparten á Lomce.
Sete novas aulas
Segundo establece o proxecto, para a ampliación do centro procederase á demolición dunha parte da cuberta existente e, a partires de aí, proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes.
É dicir, que se substituirá a baixo cuberta actual por unha nova planta, de 600 metros cadrados útiles, que albergará un total de sete novas aulas (2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre), así como dous aseos e almacén de limpeza.
A ampliación do IES Francisco Asorey enmárcase dentro do Plan de Infraestruturas 2016-2020 deseñado pola Consellería de Educación, que ten como obxectivo mellorar a infraestrutura e o equipamento educativo para garantir unha educación pública de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.