Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de julio de 2016

O CAMBADÉS PACO LEIRO RECOLLE A SÚA MEDALLA DE GALICIA












As vítimas de Angrois volveron a ter hoxe un recoñecemento na emotiva cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2016, ao estar en boca de varios dos premiados e do presidente da Xunta, nun acto que estivo marcado por un profundo sentimento galeguista.

O acto, celebrado na Cidade da Cultura, na véspera do Día de Galicia e xornada na que se cumpren tres anos do tráxico accidente ferroviario, o mandatario galego sinalou que hoxe se rememora de novo a noite de fai tres anos na que perdemos a máis de oitenta persoas, "moitos galegos e outros que querían vir a Galicia e que aínda que chegaron ás portas, fóronse para sempre".

Un emotivo recordo ao que se sumaron tamén o escultor Francisco Leiro e os músicos dos Suaves.

O cambadés Francisco Leiro, unha das principais referencias da escultura galega, representante de España en 1985 na Bienal de Sao Paulo, e que desde o ano seguinte expuxo de forma regular en Arco (Madrid), Italia, Francia ou Nova York.

Moitas das súas obras son iconas recoñecidas dalgunhas cidades galegas e españolas, como o 'Sireno' da Porta do Sol de Vigo, a 'Homenaxe a Castelao' da Alameda de Santiago ou o 'Astronauta' de Valdemoro, en Madrid.

"É unha honra recibir esta medalla, quero compartir esta honra con todos os artistas e creadores galegos da miña xeración" que, lembrou, tentaron poñer á cultura galega á altura das correntes internacionais do momento.

Un recoñecemento moi especial para el que, "como tantos galegos, non fixen máis que traballar", destacou o escultor.

Feijóo definía así a Paco Leiro, "Alguén chamou a Francisco Leiro ‘Sísifo confuso’. Porén, habería que entender o paralelismo non como incapacidade para chegar ao cumio, senón como insatisfacción. Pero non é a insatisfacción a enerxía que move ao artista? Nese triángulo creador que forman Cambados, Madrid e o barrio neoiorquino de Tribeca, o noso escultor segue sendo un home que dialoga coas árbores, coa natureza enteira para extraer dela os seres que celosamente oculta".







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.