Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de julio de 2016

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “GALICIA-CABO VERDE: UNHA IRMANDADE”, NO SALÓN PEÑA









A exposición “GALICIA-CABO VERDE: UNHA IRMANDADE” está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación desenvolvidas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde.
Os paneis fotográficos, de 60 x 40 cm, están impresos en cartón pluma de 10mm de grosor. Cada panel vai acompañado dun pé de foto, que teñen unhas medidas de 8 x 14cm e 5mm de grosor. Os rollers teñen unas medidas de 0,85 x 2 m e aportan datos que complementan a información ofrecida nos pés de foto. A exposición estará aberta ao público até o venres 15 de xullo en horario de mañá, das 11:30 ás 13:30 horas, no Salón de Exposicións José Peña de Cambados.
O Concello de Cambados volveu a adherirse ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en marzo deste ano 2016, tralo seu abandono do mesmo uns anos antes.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. O Fondo Galego xorde a finais do ano 1997 como expresión institucional desa crecente sensibilidade cidadá arredor das crises humanitarias e a pobreza mundial que percorreu o Estado español e Europa durante os anos 90, dos efectos sociais de tantas calamidades, catástrofes ou guerras, que a cotío irrompen nas nosas vidas, para poñer o contrapunto a outro segmento da humanidade que entende a vida e as crises doutra maneira.
Pero tamén para ir máis alá da mera urxencia e arbitrar programas sólidos e permanentes centrados no desenvolvemento estrutural desas comunidades que, a pesar de representar a maior parte da demografía mundial, van no furgón de cola da “nova economía”.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.