O Centro de Transfusión de Galicia, recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón, moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio do CTG.
Neste momento do ano resulta preciso incrementar o volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos sitúanse en 500 doazóns diarias, esta cifra soe aumentar.
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.