Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2016

RESCATADA UNHA MULLER FERIDA NA SUA CASA








Membros da Policía Local e Protección Civil de Cambados rescataron á primeira hora da tarde a unha anciá de 82 anos no seu domicilio.
Familiares da muller deron a voz de alarma pois non sabían dela desde onte pola noite. A familia estaba preocupada porque a muller nin abría a porta nin contestaba ao teléfono. Os axentes acudiron á vivenda, situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, e, logo de forzar unha fiestra, atopáronse á muller tirada no chan, sen poder moverse. Segundo relatou a muller, caeu entre as 9 e as 11 horas da noite do luns, o golpe impedíalle moverse.
A vítima foi traslada en ambulancia ao Hospital do Salnés.  Aparte da ferida na clavícula, o seu estado de saúde é bo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.