Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de junio de 2016

"MAN DURA" COS DONOS DAS MASCOTAS QUE ENSUCIEN CAMBADOS







Co fin de mellorar a calidade e salubridade da nosa contorna, tanto natural como urbana, para o disfrute de todos os veciños, a Concellería de Medio Ambiente ven a recordar as obrigacións relacionadas coa tenencia e coidado dos animais de compañía.
Que debo lembrar que segundo a Sentencia do Tribunal Supremo do 16 de decembro de 1987 existe unha superioridade na escala zoolóxica do home sobre os animais. Nembargantes debe existir unha convivencia entre persoas e animais, especialmente os da especie canina, que comparten espazos comúns, polo que os posuidores de animais teñen a obriga entre outras que sinala a lexislación sectorial de recoller os excrementos dos animais cando estes efectúan deposicións.
Que o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenrola a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade establece no artigo 25.h) queos posuidores dos animais aos que se refire o decreto estarán obrigados a adoptar as medidas necesarias para impedir que ensucien as vías e espazos públicos de zonas urbanas, debendo recoller os excrementos que os animais depositen nas beirarrúas, vías e espazos públicos fora dos lugares acotados ao efecto, tipificándose como infracción leve segundo prevé o artigo 20.1) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en cautividade, a non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública podendo impoñerse por parte do Concello unha multa pecuniaria de 100,00 a 500,00 euros tal e como prescribe o artigo 24 da Lei 1/1993, previo expediente incoado ao efecto e previsto no artigo 69 do Decreto 153/1998.
Así mesmo compre indicar que é responsable o posuidor do animal, sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, quen será responsable dos danos, prexuízos e molestias que ocasione ás persoas, animais, cousas, espazos públicos ou ao medio natural en xeral.
Polo exposto prégase a todos os cidadáns para que en aras dunha óptima convivencia e da hixiene pública respecten a normativas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.