A Selección Cadete perde na final da Copa Coca Cola contra Cataluña
Varios xogadores causaron baixa e outros xogaron mermados por culpa dunha intoxicación alimentaria
O adestrador cambadés Ángel "Pacho" Oliveira ven de proclamarse esta mañán subcampión de España de Fútbol Cadete por comunidades, tras perder esta mañán na final que enfrontaba a Galicia con Cataluña.
Non puido ser. A Selección Galega Sub 16 perdeu a final da Copa Coca Cola de seleccións contra Cataluña (4-0). Din que do subcampión ninguén se acorda, pero nós si recordaremos para sempre esta competiciòn. Só faltou poñerlle o broche. Todo o demais quedou feito e non queda máis que aplaudir a este grupo de futbolistas cadetes e ao corpo técnico polo magnífico traballo realizado, sempre sen perder de vista a representación do fútbol galego e dunha bandeira. A nosa selección xogou a polo título, desde o primeiro momento, como así llo pediu o seleccionador, Ángel Oliveira, aos xogadores no inicio da concentración. Cumpliron ó pé da letra. Non puideron conseguir a ansiada copa, pero tremendamente orgullosos teñen que estar todos e cada un dos que conforman este grupo. Nós así o estamos deles.
Final marcada polas baixas Cando onte se certificou a clasificación para a final ningúen no seno da selección se imaxinaba o que estaba por vir. Unha intoxicación alimentaria afectou a varios xogadores que non puideron xogar a final e outros que xogaron tamén estaban afectados.
E aínda así Galicia competiu o partido contra a que sen dúbida é a mellor selección territorial de España. Cataluña demostrou ter un enorme potencial, pero non lle foi tan doado gañar, a pesar do que diga o 4-0 final. O noso combinado aguantou moi ben ata o minuto 25. Os cataláns tiñan a posesión, pero non creaban demasiado perigo e o partido estaba controlado. Pero no minuto 25 marcou Mihaylov Dzhoshicun logo dunha gran internada pola esquerda de Juan Miranda. Tivo Galicia unha boa opción para devolver a igualada nun disparo que o porteiro catalán non foi quen de atallar, chegou Rojo e foi trabado, pero o que era un penalti claro quedou invalidado por fóra de xogo previo. O segundo gol finiquitou o encontro e os cataláns aproveitaron a oportunidade para golear.
FICHA TÉCNICA
Selección Galicia: Pablo González "Pachi", Alejandro Figueroa (Lois Rodríguez, min. 39), Iván Pérez, Carlos Gamallo, César Rodríguez, Javi Armas, Sergio Otero, David Rojo, Manu Ramos, Víctor Vilariño (Pablo Martínez, min. 34) e Martín Diz (Carlos López, min. 39).
Selección Cataluña: Adriá Rosas, Ricard Sánchez, Juan Miranda, Sergi Bas, Biel Pla, Marc Gulías, Arnau Tortosa, Aleix Díaz, Sergio Gómez, Jofre Cherta e Joan Serrallonga.
Goles: 0-1 Mihaylov Dzhoshicun (min. 25); 0-2 Marc Gulías (min. 32); 0-3 Mihaylov Dzhoshicun (min. 34); 0-4 Sergio Gómez (min. 36).
Arbitro: Adrián Vera, asistido por Vicente Roca e Cristian Ríos.
Incidencias:Final de seleccións da Copa Coca Cola xogada no campo Municipal El Pozuelo de Torremolinos.
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.