Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2016

SIGUE A ALERTA POR TEMPORAL






O litoral de Pontevedra e da Coruña está en alerta amarela por ondas de entre catro e cinco metros e por vento do sur con forza sete. Na Mariña a alerta por ondas levántase ao mediodía.

En terra, a partir do mediodía, alerta tamén amarela nas provincias de Pontevedra e da Coruña por chuvias de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora e por ventadas superiores aos 70 ou 80 quilómetros por hora. A Mariña tamén está en alerta, pero só por vento.
As temperaturas máximas oscilarán entre os 11 graos de Santiago e os 16 de Ourense.

Mañá, ata as tres da tarde seguirá a alerta amarela no litoral de Pontevedra e da Coruña por vento do sur con forza sete e algún intervalo de 8.

En terra, na Mariña tamén alerta amarela por ventadas superiores aos 80 quilómetros por hora. Polo demais, chuvia intermitente pola mañá no oeste e pola tarde en calquera punto de Galicia. Subirán as temperaturas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.