Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de abril de 2016

1800 KILOS DE PEIXE E MARISCO ILEGAL COMISADO ESTA SEMANA








Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1,8 toneladas de peixe e marisco e 349 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados esta semana. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron coa 3.600 metros de artes de enmalle.
A Ría de Muros-Noia foi escenario de diversas actuacións dos gardacostas nas que os axentes comisaron máis de 1.175 quilos de peixe e marisco, 2 embarcacións, un viveiro e 100 metros de artes de enmalle. O operativo máis destacado desenvolveuse en Muros e nel os axentes fixéronse con 1.173 quilos de xarda.
Na Coruña os inspectores da Consellería do Mar realizaron varios operativos na cadea da comercialización que se saldaron co comiso de máis de 181 quilos de especies, 9 aparellos de pesca e unha furgoneta. A actuación máis importante tivo lugar na praia de Canide, en Mera, onde se fixeron con 60 quilos de ourizo, unha furgoneta e diversos útiles.
Na Costa da Morte os axentes tamén fixeron varios operativos contra a pesca ilegal que tiveron como resultado o comiso de máis de 174 quilos de diversas especies. A operación máis destacada desenvolveuse en Fisterra, onde comisaron 152 quilos de rape, 3 de bertorella, un de palometa roxa, 8 quilos de escarapotes e máis de 4 quilos de mero.
Na ría de Ortigueira tamén se realizou un operativo no que os axentes comisaron 3.500 metros de artes de enmalle que estaban sen identificar e 15 quilos de raia. En Santiago, os inspectores realizaron un operativo na cadea da comercialización que resultou coa aprehensión de 5 quilos de rape de talla antirregulamentaria.
Por outra banda, na ría de Arousa os gardacostas realizaron varios operativos que resultaron co comiso de máis de 84 quilos de especies e coa incautación de 325 aparellos de pesca. A actuación máis relevante tivo lugar nunha estrada en Catoira e nela os Gardacostas, en colaboración coa Garda Civil, fixéronse con máis de 65 quilos de ameixa babosa de talla antirregulamentaria e con máis de 6 quilos de ollomol.
A maiores, en Tui os inspectores de Gardacostas xunto cos da Garda Civil, fixéronse con 176 quilos de ameixa xapónica nun control por estrada por non estar debidamente documentada. Por último, na zona de Placeres en Pontevedra, requisaron 10 nasas que carecían de identificación e medio quilo de nécora.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.