Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2016

O DIA QUE MERCHI ALVAREZ VENCEU AO AME












Sen dúbida o ano 2015 será recordado por moitos cambadeses durante un longo período de tempo;  na memoria colectiva do pobo,  ese ano representa que, tras case trinta anos de gobernos conservadores do PP, con maiorías absolutas, unha coalición de forzas progresistas puxo fin a tal hexemonía, con novos aires, xestos e formas do gobernar. O ano 2015 tamén supuxo o adeus de  personalidades moi relevantes da cultura e da sociedade cambadesa como Luís Rei ou Xaquín Charlín “Chon”.   
Pero o ano 2015 tamén será lembrado por que os cambadeses coñecemos e soubemos  sobre unha  enfermidade realmente terrible: a Atrofia Muscular Espinal (AME), a “culpable” de abrirnos os ollos  non foi outra que  Merchi Álvarez Fernández.
Foi, fai pouco mais dun ano, a comezos de febreiro, cando Merchi (para moitos que a coñeciamos dende nena, a filla de Moncho “Parriolo” e para moitos outros, simplemente,   unha anónima e guapa   rapaza   cambadesa)   decidía facer público que padecía esta enfermidade, unha enfermidade das denominadas “raras” debido a que a sofren unha ínfima porcentaxe da poboación  (en España apenas chegan a mil casos i, en Galicia, aparte do caso de Merchi soamente coñecíase outro mais).
A enfermidade non podía ser mais terrible: como contaba, por   entón,  Merchi en mais dunha entrevista, actos do mais habituais e sinxelos  convertíanse nun verdadeiro suplicio: abrocharse un botón ou atarse os cordóns dos zapatos pasaban ser  toda unha odisea e a dependencia doutras persoas comezaba a facerse mais que necesaria; a todo isto hai que sumarlle dores que, en ocasións, incluso supoñían o internamento  no hospital.
¿Cómo nos sentiriamos a maioría de nos si nos atopásemos na pel de Merchi? ¿e mais aínda si nos acontecese, como lle ocorreu á nosa veciña, na flor da vida, con apenas 27 anos cando tes todo o teu ciclo vital por desenrolar? O que fariamos, probablemente, a inmensa maioría seria caer nunha depresión, derrubarnos sobre a cadeira de rodas e buscar a compaixón, a pena ou, simplemente, o alento dos demais
Merchi Álvarez Fernández non fixo nada diso. Hai xente que nas adversidades mais grandes saca todo o seu potencial, toda a súa valía e decide afrontar o  problema con valentía e resolución e así foi como reaccionou a nosa paisana.


Merchi propúxose, por un lado, dar a coñecer a enfermidade que padecía con unha das campañas mais orixinais, efectivas e curiosas que se ten visto, non só en Cambados, senón, tamén, en toda a comarca, digna dun  experto en marketing e publicidade: o reto era chegar aos 5.000 selfies  botándolle a lingua ao AME;  sobra dicir que logrouno  folgadamente: moita xente xa fora do eido da política (sen importar a cor), do mundo do deporte ou da sociedade en  xeral apuntouse a esta curiosa iniciativa. Merchi tamén pideulle apoio aos responsables dos principais blogs cambadeses e, como non podería ser de outro xeito, os mesmos  envorcáronse co proxecto; é xusto destacar a labor, sobre todo, de Arturo Cores (“Cores de Cambados”) e de, o anteriormente mencionado Xaquín Charlín “Chon” (“a ti meu Cambados”) como dous dos máximos responsables de apoiala en dita campaña.
Por outro lado, Merchi, tamén decidiu recadar  fondos para a investigación do AME;  por desgraza, as enfermidades tamén son un negocio e cando as sofren unha minúscula parte da poboación non lle interesa aos grandes laboratorios que, soamente,  buscan a máxima rendibilidade posible.  Por iso, valórase moito mais o traballo que  hospitais como o  Sant Joan de Deu  de Barcelona, en concreto a súa unidade de Patoloxía Neuromuscular, co doutor Andrés Nascimento á cabeza fan en pro da investigación desta enfermidade. A este centro está destinando Merchi todo os cartos que leva recadados cos festivais, rifas etc., por que, aínda que son moi poucos, algún malpensado aínda pensa que ditos cartos métenos Merchi no seu peto  e nada mais lonxe da realidade:  si algo xa ten demostrado esta valente cambadesa é que non está a mirar, soamente,  polo mal que sofre ela (algo que seria totalmente lóxico e comprensible) senón, tamén, polos que están a sufrir a mesma enfermidade e  (o que é mais importante aínda) que os que a poidan desenrolala nun futuro  o teñan algo mais doado do que o tivo ela;  de aí tódalas charlas, conferencias e, hasta, un encontro de familias españolas que  sofren a enfermidade  leva organizado Merchi.
¿E agora que? Quizais esa é unha das preguntas mais importantes que moitos se poden estar plantexando;  como lle dicía ao seu pai  o verán pasado, hai que ter confianza nos avances da medicina por que, cada dia a ciencia avanza a pasos axigantados i, enfermidades que hasta fai ben pouco, parecía que non terían nunca cura, acaban superándose ¿Por qué non pode ser a próxima en caer a Atrofia Muscular Espinal? mentres tanto, Merchi seguirá  levantándose dia tras dia e, a pesar das dores e das limitacións, seguirá plantándolle cara a enfermidade e ganándolle a batalla por que si algo ten demostrado esta muller  é de que non se vai  a dar por derrotada.
Dende aquí a miña humilde homenaxe e tódolos meus ánimos a Merchi Álvarez Fernández,  unha gran  loitadora e un exemplo de superación.
                  RICARDO DOMINGUEZ REY









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.