Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2016

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO









Probas de acceso a ciclos de grao medio

A Consellería de Cultura e Educación convoca probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para o ano 2016.

Ciclos Formativos de Grao Medio:
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2015/2016.  utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es co procedemento ED312C.
As solicitudes deberán presentarse en soporte papel.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016.

Ciclos Formativos de Grao Superior:   o prazo xa está pechado
Máis información en www.edu.xunta.es/fp e no DOG do 11 de febreiro de 2016











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.