Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2016

COMEZAN AS OBRAS DE REPARACIÓN NO PAVILLÓN DO CABANILLAS












A empresa adxudicataria Copcisa S.A. comezou este mércores as obras de reparación no Pavillón Cabanillas de Cambados para liquidar as numerosas deficiencias que foron detectadas por técnicos da Deputación de Pontevedra, Concello de Cambados, comunidade escolar e a dirección de obra nas sucesivas visitas ás instalacións para avaliar o estado xeral dos traballos.
O Pavillón de Cambados sofre continuas filtracións de auga debida a unha mala formulación da obra de reforma das instalacións que fixo o anterior goberno da Deputación e que non incluía un cambio na cuberta a pesar do seu evidente deterioro, tal e como continuamente veu advertindo a empresa concesionaria. A reforma que acometeu o goberno anterior non tivo en conta, como recomendan os técnicos, a necesaria execución dunha sobrecuberta aillada, cunha tipoloxía de chapa similar á actual,  que houbera permitido garantir ó 100% a estanqueidade da cuberta e a inexistencia de goteos por condensación.
Así as cousas ante unha situación herdada e que padecen todos os usuarios e usuarias do polideportivo, dende a súa toma de posesión o novo goberno da Deputación veu realizando esixencias á empresa adxudicataria para reparar as filtracións. De feito, no mes de xaneiro procedeuse ao arranxo de novas pingueiras mediante o cambio de todos os parafusos da cuberta e o selado das xuntas. Tamén se modificaron todos os aliviadoiros da cuberta colocando no seu lugar uns de maior sección. Así mesmo, procedeuse á colocación dunha malla plástica a todo o longo do canlón da fachada principal co fin de que as follas non cheguen a depositarse nel, obstruyendo novamente as bajantes
Agora, tras o último informe realizado pola institución provincial, a empresa procederá a reparar 11 puntos localizados de novas entradas de auga, cubrindo as fisuras mediante selado, inspeccionando e plegando, se procede, as chapas baixo cumbrera, saneando os solapes transversais da chapa, instalando pezas de perfil metálico e revisando de novo os solapes lonxitudinais de chapas de cuberta.
Aínda así, e ante o evidente deterioro que presenta a chapa, caso de que con estas reparacións non se logre liquidar a situación, estudaranse as fórmulas adecuadas para afrontar de forma definitiva unha solución a este problema.


Resultado de imagen de pabellon instituto cabanillas de cambadosAdemais da reparación das pingueiras, os traballos que comezaron hoxe, seguindo as esixencias dos técnicos da Deputación de Pontevedra, inclúen a eliminación da auga que entraba no baño de minusválidos coa realización dunha roza na xunta do bloque e o sellado con silicona para evitar filtracións; o pintado da pista exterior do pavillón que se atopaba en mal estado; a instalación de "barras antipánico" nas portas de emerxencia; e a protección das luminarias de emerxencia instalando unhas reixas que impidan que se rompan no transcorrer das actividades deportivas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.