Agora que xa pasou a Semana Santa coido que é un bo momento para falar de relixión e, mais concretamente, da que practican, ou máis ben, aparentan practicar certos “elementos” da dereita cambadesa.
Ante todo quero deixar ben claro que non critico o que a xente cree ou deixa de crer, estamos nun pais libre, con liberdade de pensamento e liberdade de credo e cada un é moi libre de adorar ao deus que máis lle pete e merece o máximo respecto por elo; eu, máis ben, quero, por un lado, responder a uns comentarios dos “picha santas” de “Asi es Cambados” e, por outro, destacar toda a hipocrisía que rodea a estes “santiños” (e “santiñas”).
Para empezar un comentario que colgou un dos administradores de “Así es Cambados” o dia 5 de marzo a raíz da procesión do Nazareno, lede atentamente porque “ten miga” a cousa: “Qué decepción más grande para aquellos que presagiaban un cambio radical en las costumbres de los cambadeses. Difuntos sería el equinocio de "a saber qué". (...). La semana Santa sería la subida a los altares de los miembros del gobierno cambadés -y artistas invitados- y el Nazareno, nuestro Nazareno ... a saber lo que querían o pensaban que se haría con él. (...)”.
Dende logo os da páxina facha de Cambados están obsesionados con que a esquerda cambadesa queremos acabar coa relixión católica e nada máis lonxe da realidade: moitos votantes e, incluso, afiliados de partidos da esquerda son católicos convencidos e mesmo a representante de tódolos cambadeses, a alcaldesa Fátima Abal, é catequista na parroquia; do mesmo xeito moitos votantes da esquerda practican ritos católicos como ir á misa ou participar das procesións do pobo. A realidade é que o único que pedimos moitos de esquerdas é que a Igrexa Católica Española sexa igual que o resto; ¿por que a casa reitoral onde vive o párroco non paga IBI se non deixa de ser unha vivenda de uso particular? O mesmo poderíase dicir do “humilde” piso de 400 metros cadrados onde se retirou o ex arcebispo Rouco Varela que por estar a nome da Conferencia Episcopal está exento do pago de dito tributo; do mesmo xeito moitos cidadáns (e non só os de esquerdas) preguntámonos por que a relixión católica ten unha serie de prebendas e favores dos que , por contra, non gozan outras confesións relixiosas como é a exención de outros impostos ou a posibilidade de poder marcar o apartado na declaración do IRPF como doazón á súa relixión. O mais xusto sería que a relixión católica tivera os mesmos dereitos e deberes que o resto de confesións e iso, hoxe por hoxe, non ocorre e asistimos atónitos a noticias como que, o ano pasado, mentres a Conferencia Episcopal destinou 6 millóns de axuda a Cáritas dedicou mais do dobre a reflotar a súa cadea de televisión (13 TV) e xa non falamos da súa radio, a cadea COPE, que fai uns meses fichou ao periodista Carlos Herrera e ao seu equipo pola nada desprezable cantidade de case 7 millóns de euros anuais ¡¡cantas obras de caridade se poderían facer con eses cartiños!! Pero está claro que é mellor empregalos nos seus medios de comunicación e non, precisamente, para propagar a palabra de Deus senón para atacar a PODEMOS, a Maduro, a Catalunya e a todo o que consideran que non vai a favor do seu pensamento político, por que, por moito que queiran aparentar o contrario, a Igrexa Católica está politizada e xa sabemos a favor de quen reman.
Pero volvamos cos “picha santas” de “Asi es Cambados” e con outro comentario que colgaron o pasado 21 de marzo en resposta a unha foto cómica que representaba un paso de Semana Santa, só que en vez dunha santo, portaban un barril de cervexa; os de AEC mostraban o seu enfado e pedían respecto polas súas crenzas; pois ben neste caso, habería que responderlles que, por desgraza para eles, existen as hemerotecas e preguntarse por que ese respecto que reclamaban agora non o tiveron a finais de xuño do ano pasado cando fixeron unha montaxe dunha procesión de San Benito, cambiando a imaxe do santo (santo, por certo ao que moitos cambadeses a pesar de non ser crentes témoslle moito respecto) por unha montaxe coa cara do concelleiro José Ramón Abal ¿onde estaban as vosas crenzas cando puxéchedes dito montaxe, “católicos de pacotilla”? ¿acaso, despois, fostes, xunto a Don José para que os confesara por tal sacrilexio? ¿e aínda tedes os “santos” collóns de pedir respecto, hipócritas?
Para finalizar non quero despedirme sin sinalar o caracter pecador de moitos destes “católicos de boquiña” que, a hora da verdade, teñen de católicos o que eu teño de monxe; podería poñer moitos exemplos do seu espírito, contrario aos principios da bondade e a fe cristián pero, para para mostra, voume parar no octavo mandamento, o que di, concretamente: “non dirás falsos testemuños nin mentiras” e que vai dirixido a unha fervinte católica e adoradora da Virxe das Angustias que, non fai moito, dedicouse a facer correr o rumor por Cambados adiante de que a alcaldesa e o concelleiro Tino Cordal deixaran aos seus respectivos marido i esposa e fóranse a vivir xuntos; obviamente ela negouno pero podería darlle nomes e apelidos de xente que llo escoitaron dicir, cousa que, por razóns obvias non farei; por iso cando sabes todo isto e despois ves que no seu muro de Facebook colga tanta “parafernalia” relixiosa pregúntaste si esa mulleriña realmente cree en Deus..... pero, supoño, que non hai nada que non se solucione facendo unha visita ao confesionario e rezando dous padrenuestros e tres avemarías de penitencia.
Despídome, non si antes pedirlle a estas persoas tan boas que recen pola miña alma por que, quizais, Deus sexa como as meigas, que eu non creo nelas pero habelas hainas.
Bendicións e un saúdo para todos
RICARDO DOMINGUEZ REY


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.