Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de abril de 2016

MÁIS DE 500 PARTICIPARON EN EVENTOS FORMATIVOS DO CPAE 2.0







A Deputación de Pontevedra, a través do  CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, préstalles un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros de Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Nos últimos seis meses a asistencia media dos eventos formativos do CPAE 2.0 triplicouse ata chegar ao medio millar de persoas, ao abeiro das reunións mantidas pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cos diversos axentes sociais e empresariais para impulsar este proxecto que goza hoxe da maior repercusión desde que comezou a súa andaina. Neste contexto, o último evento formativo desenvolvido, sobre as vantaxes de comercializar os servizos e produtos das pemes nas redes sociais, acadou máis de 40 solicitudes de reserva, o que obrigou a institución provincial a reeditalo o vindeiro 19 de abril.
Os interesados en inscribirse nos eventos formativos, que son valorados a través dun cuestionario de satisfacción e obteñen una puntuación media de 4,7 sobre 5, poden obter maior información do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 na webhttp://www.cpae20.depo.es.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.